lunes, enero 28, 2013

O punto... do Concello de Vilagarcía


Sabíase que pode haber concelleiros corruptos, aproveitados, lambóns, acosadores, contrabandistas, chupasangues e ata inventores de inventos, pero o que non estaba claro é que tamén pode habelos suspensivos. Pois iso é precisamente o qué é o concelleiro delegado de Suridade Cidadá de Vilagarcía de Arousa, Ángel Benito Pérez Dorgambide, “Cholo” para os amigos.
Nun pleno que tivo lugar hoxe decidiu pasar á historia pronunciando esta frase: “Hablo castellano porque quiero y hablaré gallego cuando me salga de los puntos suspensivos”. Se vivise Camilo José Cela seguro que o metía rapidamente nalgún diccionario dos seus e, se o que vivise fora Luis Carandell, o tal Cholo ía tardar pouco en rematar no Celtiberia Show. Hai que ver “lo bien que se le expresan estos señoritos de Villajarsía”.
O interfecto é persoa dada a fardar de chulería. Non hai máis ca ver as fotos que colga da súa figura en Faceboock: unha fardado de garda civil, outra corneado de viquingo, etc. Xa o dixo o toureiro, haiche xentiña para todo. Se non fose porque o máis seguro é que nin sequera sabe quen é Celso Emilio Ferreiro, podería dicirse que este falabarato quixo enmendarlle o verso ao poeta de Celanova. O malo é que só lle saiu un peido municipal e espeso.

3 comentarios:

detective crepuscular dijo...

Como vexo que o "choliñas" de Vilagarcía é un home afeizoado aos disfraces, que menos que presentarse disfrazado de xeneral como Charles Chaplin en O GRAN DITADOR e xogando a manter suspendidos ou "suspensivos" no aire dous globos terráqueos (así, mellor con dous que con un, para podermos dicer orgullosos do noso home: así me gusta "choliño", con un par bien grande, para que se enteren esos pueblerinos) proclamar solenemente: Hablaré gallego cuando me salga de los GLOBOS TERRÁQUEOS.

Anónimo dijo...

Por desgraza, como el hai moitos . Chámase autoodio.

Fervello dijo...

Peo a última non te desperdicio deste Sheriff de Vilajarsía. Chamoulle "vagos" a policía municipal. Mira que hai que telos suspensivos. Por esta cidade este home asemella a un adestrador das xuventudes hitlerianas. No seu coche leva distintivos de Ranger, crese un salvapatrias. Pobre home, non hai por onde collelo.
....Os ignorantes e féridos non nos entenden, non.......