lunes, enero 14, 2013

Morreu Xosé Posada

Avisoume primeiro Alfonso Ribas e logogo chegoume unha mensaxe da Irmandade dos Vinhos Galegos anunciándome a morte repentina de Xosé Posada, o noso Giuseppe Paussatta, para os que temos a honra de sermos Iramandiños dunha confraría á que tamén pertenceron Manuel María, Álvaro Cunqueiro e varias ducias de galegos máis que xa nos agardan na vida eterna.
A nosa Irmandade non será nunca máis como foi ata agora. Posada –a primeira persoa que falou en galego no Parlamento Europeo– era a súa auténtica alma mater, o grande animador de todas as esperanzas e o inspirador da constante alegría de vivir. Porque, ademais de ser un político galego de pura cepa, un empresario humanista e un expertísimo esculcador da alma galega a través do viño e das castañas, por exemplo, Pepe Posada sempre soubo e quixo ser un amigo dos amigos e un quixote da galeguidade. Imos botalo enormemente en falta.
A María do Carme Henríquez e a toda a súa familia, a máis sentida condolenza. Ciao, Giuseppe Paussatta. Déixasnos moi orfos.

No hay comentarios: