jueves, enero 10, 2013

Louis Aragon non ten a culpa

Estou farto de ter que ler, escoitar e ver os ditirambos, estrambotes e maldizeres que constantemente intercambian os da banda de Laíño contra os de Lestrove, ou viciversa, no ámbito da política galega. Fulano é un corrupto que tira para atrás. Mengano meteu a man na carteira pública. Zutano colocou o seu fillo de capador das cochas de Porcolandia. Pois os teus son aínda piores, que levan para as súas casas os xamóns das cochas e maman no remollo da vaca ata deixala esgotada.
Non é preciso asistir a ningunha tertulia política de café nin frecuentar os corredores do Parlamento do Hórreo para estar ao tanto de tanta insania, que xa me ten ata as orellas. Non pode ser que haxa tantos ladróns, tantos amorais nin tantos aproveitados. Aquí debe haber algún erro, algunha mala interpretación ou se cadra certos desatinos no xeito de observarmos a realidade. Ou é que son igual os do PP caos do PSOE, os BNG caos da AGE, os do extremo norte caos do extremo sur? A crónica xudicial estaos asemellando moito ultimamente.
Mentres que isto non se resolva, propoño que entre todos artellen algún sistema de entendemento que lles valia para reduciren o impacto público que está a producir o mal uso da política. Non lle vou cobrar nada pola proposta, pero a ver se lles vale de algo. Cada vez que un político ou alto cargo –esta práctica tamén lles pode valer aos empresarios– queira facer unha cacicada (colocar a un da familia ou a un militante do seu partido, lograr que un negocio resulte redondo, facer que o seu coche oficial en vez de ser un Seat Ibiza sexa ou Audi A8 ou esconderlle á Facenda unha boa presada de euros, por exemplo) non debe basearse na nómina dos seus senón precisamente na dos outros. Darlle un bo coche ao inimigo, unha excelente paga ao contricante, unha concesión para cultivar cocerellos a algún indiferente, un negocio superlativo a un desmandado, mesmo unha embaixada en Buenos Aires a calquera dos cabreados polas preferentes. Ao inimigo sempre hai que poñerlle ponte de prata.
Quizais así se podería conseguir que os xornais e ata os telexornais volvesen a ocuparse do que sempre lles foi propio en épocas de escasa democracia: difundir contos de princesas, recuperar a Corín Tellado e resucitar as telenovelas. Logrado iso, quizais eu podería rematar dunha vez a lectura de Aragon, un destin français 1897-1939, un libro de Pierre Juqin (máis de 800 páxinas) que me interesa inmensamente máis ca os milleiros de artigos que podan publicar José Luis Barreiro e Roberto Blanco-Valdés xuntos ou por separado.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

"Mon amour, ma jeuneusse...!
(Louis Aragon)

Saúdos do Tío Almiral, de Almiral Mouchez...

Anónimo dijo...

quería dicir jeunesse, naturalmente, disimulen vostedes

A. M.

Anónimo dijo...

[url=http://www.23planet.com]Online casinos[/url], also known as accepted casinos or Internet casinos, are online versions of acknowledged ("buddy and mortar") casinos. Online casinos approve gamblers to disgrace a accommodate up and wager on casino games with the living expenses the Internet.
Online casinos unspecifically skiff odds and payback percentages that are comparable to land-based casinos. Some online casinos directing higher payback percentages in the servicing of stretch combination games, and some cope known payout portion audits on their websites. Assuming that the online casino is using an properly programmed unsystematically uncountable generator, catalogue games like blackjack clothed an established borderline edge. The payout participation vocation of these games are established lifestyle the rules of the game.
Assorted online casinos prove not at haven or apprehension their software from companies like Microgaming, Realtime Gaming, Playtech, Supranational Design Technology and CryptoLogic Inc.

Anónimo dijo...

Podo entender o desánimo xeneralizado da cidadanía. Para testemuñar a mediocridad do país soamente fai falta ver os debates nas TV dedicados á política.

Anónimo dijo...

[url=http://loveepicentre.com/testimonials.php][img]http://loveepicentre.com/uploades/photos/10.jpg[/img][/url]
link exchange dating personals [url=http://loveepicentre.com/map.php]young japanese women for dating[/url] interracial dating in acworth ga
seattle hindu dating [url=http://loveepicentre.com]latina dating club[/url] speed dating in cincinnnati
free kinky dating site [url=http://loveepicentre.com/success_stories.php]dating a christian girl[/url] swinger dating site

Anónimo dijo...

genesis of shannara ebook http://audiobookscollection.co.uk/Blood-Roses/p227309/ ebook reader for pocket pc [url=http://audiobookscollection.co.uk/es/Community-Participation-and-Geographical-Information-Systems/p222827/]biology solomon 8th edition online ebook[/url] ebook and free forums

Anónimo dijo...

cisco ccna ebook http://audiobookscollection.co.uk/The-Fifth-Generation-Artificial-Intelligence-and-Japan-s-Computer-Challenge-to-the-World/p195873/ school business administration ebook [url=http://audiobookscollection.co.uk/fr/Astronomical-optics/p100355/]walden pond ebook[/url] wolf mates ebook