sábado, junio 09, 2012

Xa somos portugueses, gregos e irlandeses


En menos de seis meses, Mariano Rajoy cosechou o seu máis estrepitoso fracaso: o de ter que aceptar un plan de axuda económica de máis de 100.000 millóns de euros desbloqueados de maneira urxente pola Unión Europea e o Fondo Monetario Internacional pra impedir a bancarrota española. Se o socialista Zapatero pasou á historia como o político que se negou teimosamente a aceptar a realidade da crise, o conservador Rajoy competiu con el nas tesimosías mostrando unha porfía obstinada na negación dun rescate económico que finalmente –coma Zapatero coa crise– non lle quedou máis remedio ca admitilo.
A porfía de Zapatero custoulle perder as eleccións. Que lle vai custar a Rajoy? Máis cedo que tarde, as eleccións tamén. Dende agora, o presidente español é un gobernante gravemente tocado que vai ter que xestionar un escenario á irlandesa ou algo aínda moito máis constrinxente do que el é o primeiro en non saber como se vai saír. Igualiño que Zapatero non sabía que estabamos afundíndonos na crise.
Hai que dar por seguro que o equipo económico de Mariano RajoyDe Guindos, Montoro, etc.– e el mesmo van experimentar nas próximas horas, días e semanas unha curiosa transformación, quizais habería que chamarlle trasvestismo, volvéndose aplicadísimos buscadores de sinónimos para evitar a palabra rescate. Chamaranlle de mil maneiras, pero non o que é. Igual que fixo Zapatero cando a crise.
E aos de sempre, aos que pagamos os rotos e os descosidos, volverán a apretarnos as roscas. Xa somos portugueses, gregos e irlandeses sen deixar de sermos, iso si, galegos e españois eternamente mal gobernados. Fódase pa! σκατά! Cac!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

É agora qué?.

Sarampelo dijo...

Agora a coller a bandeira borbónica e animar a España, logo atacar Perijil e Gibraltar coa Legión: "volverán banderas vitoriosas.... Arriba escuadras a vencer que en España empieza a amanecer. Viva o pontevedrés comandante en xefe cos seus ineptos secuaces. Arriba España, Sr. Rajoy, que eu váixome na primeira parada a toda ostia, se teño tempo.......

Anónimo dijo...

os PIIGS........