miércoles, mayo 09, 2012

A onde vai o nacionalismo galego?

Cun Beiras que vai e vén, unha Teresa Táboas que vive sen vivir nela, un Rafael Cuíña que se arrima e un BNG ortodoxo que non acaba de decatarse de que non é agora cando o sol lle está pasando pola porta, as posibilidades de que o nacionalismo galego desperte do seu sono de alternativa en decadencia e do seu soño de redención popular son case nulas ou polo menos moi afastadas de calquera renacemento inmediato.
Foi tanto o que se mallou no pelexo do galeguismo de esquerdas e tantos o filibusterismo e os egocentrismos internos que asollaron o BNG que agora o resultado é o que é. Un nacionalismo galego que só sabe meter a marcha atrás. Polo camiño que vai halle ser moi difícil recuperar o moito tempo perdido en retesías e separatismos internos.
Deberían Beiras, Teresa Táboas, Báscuas, Aymerich, Paco Rodríguez e ata o venerábel Bautista Álvarez saír máis á rúa e escoitar o que di a xente. Antes de que condenen a Galicia a seguir sendo o reservorio recaltritante do conservadurismo español.
Sei por experiencia que no nacionalismo galego hai bastantes afrancesados de lectura case diaria de Le Monde e viaxes frecuentes a París. Non serán quen de aprender algo do que está volvendo a pasar en Francia?

1 comentario:

Anónimo dijo...

O Le Monde tamén no lía diariamente o pánfilo de Miguel Cancio e mira o que saiu del.