martes, diciembre 20, 2011

O Pícaro de Zumárraga

Pois vai resultar que Ignacio Urdangarín é todo un compendio da vella e nunca oxidada picaresca española. Se nacese entre o Renacemento e o Barroco entraría sen dúbida no Século de Ouro das letras españolas e sería un personaxe de Mateo Alemán, Quevedo ou López de Úbeda. A novela correspondente quizais se podería chamar O Pícaro de Zumárraga, O Lazarillo da Zarzuela ou A vida do Buscón Principesco.
A última que se lle acaba de saber é que está xordo como unha tapia, pero oe todo o que hai que oír cando lle convén. Para librarse de cumprir o servizo militar obrigatorio que lle correspondía, conseguiu que o vocal médico do Centro Provincial de Recrutamento de Barcelona lle diagnoticase unha hipoacusia (disminución da percepción auditiva) bilateral o 11 de xaneiro de 1993, diagnóstico que lle serviu para que, dous anos máis tarde, o 27 de febreiro de 1995, fose declarado “exento do servizo militar por padecer enfermedade ou limitación física ou psíquica”. No seu caso, concretamente por “1I01 xordeira completa”.
Non ten desperdizo a nota coa que, dende o Hospital Militar de Barcelona, se remitiu a un “Mi respetado y querido Coronel” a historia do mozo Ignacio Urdangarín Liebaert. No seu apartado 3º dise o seguinte: “El informe de 11-1-93 fue de Ex. temporal, pues el perfil audiométrico no era suficiente para una exclusión total, pero tampoco para la aptitud”. E no párrafo que segue a continuación lese isto: “El informe de 27-2-95 fue de exclusión total pues sensiblemente había empeorado su audición. Quizás hubo algo de exageración, pues hasta los sordomudos exageran.
Todo isto non o supera ni O Lazarillo de Tormes.

5 comentarios:

bemsalgado dijo...

Pode que o bom mozarrón sexa xurdo, coma uma tapia até, pero, como costuma acontecer em todas as persoas con minusvalías, serviulle para agudizar o sentido da vista.

Asim é que, en chegando a Zarzuela, ainda non podendo escoitar nota de “La verbena de la Paloma”, en vendo ao que bailaban todos, él, coma gran deportista que foi, puxose em movimento gardando o compás. Só que, coma caballero en grado ducal, non se lle ocurriu cousa millor que pórse as botas antes de dispor da fusta de mando. Ise foi o seu único erro.

“Xa se apañará meu sogro para arranxalo, que a metade fica na familia, pensa e pensou. Porque, sendo, como son, xurdo, ha preferir tambem que cale coma um mudo.” E, neste caso, non vale tatexar.

http://beminvitados.blogspot.com

Balonga dijo...

Os que se lucran dos fondos públicos, nas altas castes sociais son máis do que moitos.
Dealles Deu8s o seu merecido e o máis importante, cando alguén tornará os cartos roubados?

Luisfoz dijo...

Estes Bourbons não têm remédio. E quando alguém entra em tão ilustre família faz como eles. Lembrai "Un rey golpe a golpe"

Luisfoz dijo...

P.S. Bom ano a toda a ampla e seleta família dos croqueiros, havia tempo que não entrava neste magnífico lugar

manuel dijo...

¿es necesario que haga ahora el servicio militar Iñaki?, una persona que toda su vida se ganó sus lentejas como deportista de élite en ciudad ajena, él no era de Barcelona y su familia tampoco. Hacer leña del árbol caído. Todos imputados, menos Fabra, que cuando se quita las gafas de sol no verá a nadie: todos en la cárcel.