miércoles, octubre 05, 2011

A exquisitez galega

Líbreme Deus de ser eu quen poña en dúbida, nin sequera minimamente, a presunción de inocencia. Se calquera dos dous Blancos, sexa o do PSOE ou for o do BNG, ou sexa ese ex deputado do PP que só é coñecido por sair agora relacionado con escándalo desencadeado polo corrupto empresario lugués Dorribo, Pablo Cobián, acaba resultando que son inocentes, serei eu un dos primeiros en celebralo. Ademais, xa sei o que se pode esperar dun suposto impresentábel coma Dorribo cando se atopa na gaiola das feras feridas (valia a cacofonía), pero de aí a concluir sen maís que o pseudo empresario farmacéutico está inventando a historia que agora conta, sen a investigación xudicial e política que debe cumprirlle ao caso, debería haber tanta distancia como do branco ao negro.
Está moi ben que Cobián e o Blanco nacionalista se apresuren a presentar as súas repectivas dimisións –é o mínimo que se podía agardar deles– e tampouco estaría mal que os acompañase neste trance o actual número dous do PSOE e ministro de Fomento, Xosé Blanco, pero nin abondan os seus xestos nin se demostra máis nada que o caso está só pirincipiando. A min tampouco se me escapa que calquera dos tres, ou mesmo os tres no seu conxunto, podan estaren a ser vítimas dunha manobra, por agora descoñecida, destinada a incidir no inminente proceso electoral a nivel do Estado. A dereita española no único no que xa desmotrrou ser auténtica especialista é en machacar sen espcrúpluos de ningunha caste os seus contrincantes. Demostrouse nas últimas eleccions autonómicas galegas e segue a estar vixente no devalar da política española atual.
Todo isto non abonda, porén, para descargar as responsabilidades sobre o máis que demostrado “goebbelsianismo” do partido de Rajoy. Hai outras, e esas deberían ser as que se buscasen, analizasen e depurasen a raiz do caso Dorribo. Empezan a seren demasiadas as contradiccións mostradas entre os implicados nesta verdadeira historia triste da política galega. Se realmente se acabase demostrando que Dorribo leva razón en todo o que lle contou á xuiza luguesa, Galicia non é que xa estaría sendo a Italia de Berlusconi senón a Sicilia de Lombardo, a pior Francia de Sarkossy ou ou o Portugal corrompido dalgunha época pasada, senón que estaría camiñando directamente cara a unha simbiose entre a histórica “mordida” mexicana e o pior que nos pode restar do noso vello caciquismo. Podémoslle dar as voltas que queiramos, pero estamos diante dunha situación endemoniadamente complicada da que podemos saír con algunha perna rota e con algún brazo tronzado. Aló eles, os que non queiran percatarse desta realidade.
En fin, que moi mal panorama nos acaban de plantexar aos galegos para dirixírmonos ás urnas o próximo aniversario da morte de Franco. Seremos un país pequeno, pero hai que ver o que damos de nós cando nos poñemos exquisitos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu non sei si os tres políticos acusados por Dorribo teñen ou non teñen cousas que ocultar, pero gustaríame saber onde quedou a vinculación de todo o asunto co mundo da droga e cos cárteles colombianos. Publicouse nun principioq ue o caso Campeón saltou o ser intervida unha chamada de Dorribo a a algún dos irmáns propietarios de Náutica Vidal, que en Vilaxoán ocupan espazos de dominio pública co falso argumento de que é unha expltacion do sector marisqueiro. De eles, que viaxan a Hammer, Infinniti e demais luxosos coches, dis por alí que están emparentados co cartel de Cali

Gaspesien dijo...

Cando fala Dorribo de algo teño a seguridade de que un grande número de empresarios lucenses e non lucenses acoden apresuradamente ao roca.
Non creo o do comentario anterior, pero naquela zona é difícil non atopar a ninguén implicado no tema mencionado en 1º, 2º 3º ...grado.
A avogacía lucense está forrándose asesorando aos anteditos...