lunes, marzo 14, 2011

O tsunami nuclear xaponés

Cada hora que pasa vaise agravando a crise nuclear provocada polo tsunami xaponés, Xa son polo menos dúas as explosións ocasionadas nos reactores da central de Fukushima e o risco de que se poduzan perigosísimos procesos de fusión xa non os decartan nin os máis optimistas defensores do uso da enerxía nuclear.
Non é, por outra parte, nin moito menos, a primeira vez que Xapón padece incidentes nucleares graves nas súas numerosas centrais que estaban en uso en Fukui, Niigata, Fukushima, Monju, Tokai e outros sitios. En 1995, no super xenerador de Monju porduciuse unha importante fuga de sodio que provocou un enorme incendio. Daquela os representantes da Power Reactor and Nuclear Fuel Development Corporation (PNC) tiveron que recoñecer que ocultaron información e fotografías sobre o que aconteceu, e o seu vicedirector, Nishimura Dhigeo, suicidouse á saída dunha roda de prensa. O reactor de Monju volveuse a poñer en funcionamento o ano pasado.
O suceso de Monju tivo algunhas consecuencias políticas, xa que os representantes das provincias de Fukui, Niigata e Fukushima –entre as tres representan o 60 por cento das centrais nucleares do Xapón– pedíronlle aos gobernantes de Tokio que se determinasen as causas e as responsabilidades do acontecido en Monju. En Xapón cada vez se estaba agrandando máis a preocupación polos perigos nucleares e, se en 1970 os procesos de construcción dunha nova central só duraban sete anos, agora tardan dazaseis.
O 30 de setembro de 1999, tamén se produciu un accidente grave na fábrica de enriquecemento de uranio de Tokai, na provincia de Ibaraki, no que morreron dous traballadores e 225 persoas resultaron afectadas pola radiación. Daquela xa houbo que desaloxar os habitantes da aldea de Tokai e foron confinados os 310.000 habitantes da zona comprendida nun radio de dez quilómetros arredor da fábrica.
Máis recentemente, no 2004, na central nuclear de Mihama, houbo unha fuga de vapor radioactivo que matou a cinco persoas e feriu a outras sete. Foi, ata agora, o accidente nuclear máis grave rexistrado no Xapón despois das terríbeis catástrofes de Hiuroshima e Nagasaki.
Aínda máis recentemete, no 2007, un terremoto ocorrido na provincia de Niigata causou graves danos na central nuclear de Kashiwazaki-Kariwa, onde os responsábeis da empresa que explota a central (Tepco) negaron a existencia de fugas radioactivas a pesar de que máis de 1.000 litros de auga radioactiva foron vertidos no mar.
Ademais, a industria nuclear xaponesa tamén tivo porblemas, durante os últimos vinte anos, no complexo nuclear de Rokkashomura, onde unha fábrica de enriquecemento de uranio ocupa unha superficie de varios quiómetros cadrados e na que hai un almacén de residuos de baixa radioactividade, un centro de almacenaxe temporal de residuos de alta racdioactividade e unha fábrica de tratamento de rsiduos radioactivos, que foi construída con tecnoloxía proporcionada pola multinacional francesa Areva. Trátase dunha fábrica que trata todo o ciclo do cumbustíbel nuclear e que é única no mundo, e á que os habitantes da bisbarra alcumaron co nome de Kaku no gomi suteba (vertedoiro nuclear).
Contra este último caso erguéronse moitas voces locais que organizaron numerosas manifestacións levadas a a cabo durante oa anos oitenta coa participación dos pescadores da zona. Porén, nada foi quen de parar as industrias nucleares e as compañías de electricidade que se xuntaron no conglomerado JNFL para facer de Rokkasho un enorme complexo nuclear chantado na provincia de Aomori, unha das máis pobre do Xapón.
Porén, a súa fábrica de retratamento de residuos nunca chegou a entrar en funcionamento. Estudios levados a cabo en 2008 demostraron a existencia dunha fuga de líquido altamente radioactivo nos obradoiros de verificación que impediu a posta en marcha da fábrica. A maiores, o complexo de Rokkashomura témese que tamén puido ser preocupantemente afectado polo shunami que afectou a península de Shimokita.
Máis cedo que tarde, no Xapón tamén terá que reabrirse a polémica do nuclear. Os defensores do uso desta enerxía, ata agora, viñan utlizando o argumento da dependencia enerxética de Xapón, país que ten unha taxa próxima ao 80 por cento no canto da súa dependenza do estranxeiro. As importancións de petróleo representan case a metade da enerxía consumida polos xapones. E o uranio, materia prima da enerxía nuclear que en Xapón se viña rexistrando como a “enerxía doméstica”, ata hai pouco tempo, era moi barato.
Porén, este argumento pode cambiar agora substancialmente. Arredor do 90 por cento do uranio que se utiliza nas centrais nucleares xaponesas ten que ser importado. As reservas mundiais deste elemento está previsto que duren 60 anos. Polo tanto, o su prezo non parou de subir nos últimos dez anos. Ata o punto de que a taxa de dependencia xaponesa  en enerxía primaria pasou do 80 ao 98 por cento xa, segundo cáculos do profesor da Universidade de Tokio Yamaji Kenji.
Que vai pasar agora despois de que Xapón afrontara a crise petroleira do ano 1973 pondo en marcha un amplo programa de construcción de centrais nucleares que pretendía acadar por este camiño o 50 por cento da súa electricidade preto do ano 2000, e logo de que investise 58.100 millóns de dólares nesta dirección? En realidade, os propios gobernantes xaponeses xa tiñan parcialmente rectificado este rumo facendo pasar do 30 ao 40 por cento, ata o ano 2030, a producción total de electricidade mediante a construcción de 9 a 12 novos reactores ata o ano 2017.
Agora, con todo o que está dramáticamente a pasar, as cousas poden cambiar aínda moito máis. Xa o dixo Philip White, da orgnización Citizen’s Nuclear Information Center: “Será moi difícil para o goberno dicir, despois disto, que non paou nada. Esta vez non van poder minimizar o impacto do accidente porque é demasiado importante”.

No hay comentarios: