lunes, enero 31, 2011

Os dous Condes


Estou lendo ao mesmo tempo as case 1.000 páxinas de Los días de gloria de Mario Conde e as preto de 500 da novela do seu curmán Alfredo Conde Huesos de santo. Coa segunda pásoo moi ben. É unha novela policíaca excelente. Co libro do ex presidente de Banesto despexo algunhas incógnitas que me quedaban escuras sobre a arrepiante evolución dos que controlan o poder real en España.
Con Alfredo aínda estiven falando estes días na súa casa. Xa anda perxeñando unha posíbel continuación dos ósos santificados e tamén lle dá voltas a unha futura novela sobre Hernán Cortés. Ultimamente, o de Allariz anda emocionadísimo coas cousas de México. O ano pasado viaxou cinco veces aló, e sempre regresou con gañas de recuncar. Non sei se atoparía algunha Malinche por alí que lle ande botando picante na caldo.
O caso é que Alfredo Conde acaba de publicar unha das mellores novelas da súa vida valéndose dun argumento que aínda que é antigo e obsecuente, palabra que el utiliza moito en Huesos de santo –o de se son ou non os restos do apóstolo Santiago os que hai na catedral de Santiago–, que lle permitiu angarellar unha historia intrigante que o autor soubo artellar con extraordinaria e lograda desenvoltura literaria. Huesos de santo é unha obra que dignifica e enriquece enormemente o xénero da ben ou mal chamada novela negra tirado máis polas beiras de Stieg Larsson ou de Andrea Camilieri que pola vía ianqui do tema.
Case en paralelo, lin tamén a última de Manuel Rivas, Todo é silencio, que, sen chegar a decepcionarme de todo, me pareceu unha novela demasiado fácil e esterotipada sobre un tema que debería dar moito de si como é o do narcotráfico galego. A Rivas, neste libro, atropelouno aínda ben de máis o afán de escribir directamente para o cine e saiulle o que probablemnete non é nin sequera un bo guión do asunto. Non cometeu Alfredo Conde este mesmo pecado na súa novela e, porén, seguramente hai moito máis alento cinematográfico en Huesos de santo que en Todo é silencio, a pesar de que non vai ser doado que a industria cinematográfica española se decate disto.
Do libro de Mario Conde estame quedando un sabor agridoce que non sei ben como como masticalo. Por un lado paréceme fundamental que o ex banqueiro antano beatificado por universidades e aparellaxes sociais e políticos, ata que se viu definitivamente expulsado do paraíso, tardase tanto tempo en contarnos o que pensa el que lle pasou. Por outro resúltame absolutamente fundamental que Conde se decidise a espirse diante do espello para contarnos as intrigas, os cambalaches e as liortas que rodearon a su caída da presidencia de Banesto. Realmente o seu libro tamén parece unha gran novela pois ten algo do Bomarzo de Mújica Láinez traído dende o Renacemento italiano e dos boscos e monstros de Viterbo á corte dos milagres mesetarios do Madrid da postmodernidade.
Neste sentido, Los días de gloria é un libro absolutamente imprescindíbel para comprender non só o personaxe que encerra o autor senón tamén a España máis intrigante e oculta do seu tempo, monarca español incluído. Pero o libro do ex banqueiro tamén parece ás veces unha novela negra coma que acaba de publicar o seu primo, a quen por certo cita moitas veces Mario Conde. En fin, que se cadra é algo de familia isto de decantarse algunha vez por Dashiel Hammet ou sen dúbida máis por Larsson e Camilieri.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Un comentario a Huesos de santo en
http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2011/01/huesos-de-santos-i.html

Anónimo dijo...

Muy bien Mario Conde en "El gato al agua" de Intereconomía. Muy bien, también, Federico Jiménez Losantos.

Almiral Mouchez dijo...

Estou plenamente de acordo con vostede, Don Perfeuto.

Almiral Mouchez

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

Usaba un pc de outra persoa que se identificou...non quero malos entendidos
Marga

Anónimo dijo...

off white hoodie
jordan 4
kawhi leonard shoes
curry shoes
yeezy