miércoles, diciembre 29, 2010

O sátrapa Alonso

Un sátrapa anda solto polas rúas de Boiro. Chámase Xesús Alonso, e é o patrón dun grupo conserveiro que leva o seu propo nome (Jealsa). Na festa de Nadal que lles ofreceu aos seus traballadores aproveitou para levar a uaga aos seu muíño político. Veremos que fariña lle sae.
Dixo este nada escrupuloso patrón de empresa que “se nas próximas eleccións (referíndose ás municipais) estes señores (facendo alusión ao alcalde nacionalista que goberna a vila e aos seus coaligados munícipes) repiten mandato, eu voume de Boiro”. E aínda algo máis ameazante: “Se as cousas andan mal, moitos de vós perderiais os postos de traballo”, soltoulles aos traballadores no medio do turrón.
Non serei eu quen lle negue o dereito de libre expresión a un intrépido mesturador da politíca e os negocios como é o coñecido empresario boirense, pero non estaría de máis algo de cordura na súa cabeciña. Aproveitar, como aproveitou el, unha festa de empresa navideña para facer un mitin político parece propio unicamente dos tempos nos que Alonso mamou de Franco a arte de manipular as conciencias. Especialmente lamentábeis son as seguintes palabras tamén pronunciadas nesta ocasión: “Non só vos pido o voto para el (para Xoán Xosé Dieste, precandidato do PP) senón que lle axudemos na campaña. El é un economista, con prácticas na nosa empresa, que non ten nada que ver co filósofo ou os dous pinpantes que o acompañan no goberno”.
Realmente parece que o túnel do tempo devolveu a alguén de Boiro ao pasado. Pois non pense ninguén que Xesús Alonso se arrepinte do que dixo. Hoxe publicou o seu discurso íntegro nunha paxina de publicidade que fixo insertar en El Correo Gallego.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Patética e vergoñenta a actitude deste elemento, non se lle pode chamar persoa, un chantaxeador dos seus traballadores; este tipo de declaracións tiñan que estar tipificadas no Código Penal.

Dilaida dijo...

Así é como ganan as eleccións os do PP en Galicia, coa chantaxe, coa mentira, co enchufismo,...
Isto non é democracia é unha ESTAFA.
Feliz Ano

Anónimo dijo...

Esta é a "democracia" deste país. Aínda que no o dixera é o que pensa e temos milleiros destes elementos que aínda que non o digan o pensan. Son os empresarios desta Iberia que se poideran ter aos traballadores a látigo, non facerían ascos ningún.
Entre empresarios desta calaña, políticos corruptos, conversos e mangantes. A xustiza ás ordes do Embaixador de quenda de EEUU. Sociolistos aos servicio dos "mercados" (Botín), Chantajistas de luva branca e tódalas herbas fedentas e podres sicarios dos grandes medios. Manipuladores da verdade nas TV que dan a apariencia do que non sae nas TV no existe. Non sei como é posible que aguante este país toda esta borralla incluíndo o traballador Borbón que suda como ninguén o seu soldo.
Se estes non rematan con España, España remata con nós.