martes, agosto 10, 2010

De Panxón a Neda

A morte do pintor e amigo Xosé Luís de Dios deixoume algo tocado. Xa van sendo moitos os bos que se van antes ca nós. Dicíao o outro día e volvo a dicilo agora citando outra vez a Petrarca: a morte sempre nos leva antes os mellores. Levounos hai pouco a Pepiño de Sarria, o escultor Díaz Fuentes, e agora a un dos “artistiñas” de Risco.
Pero a vida ten que seguir. Vida e morte van da man e non pararon nin han parar nunca. Comendo o martes con César Cunqueiro, Alexandro Diéguez e Ánxel Peláez en Panxón falabamos precisamente da ausencia do pai de César, o insuperábel Álvaro Cunqueiro. E comendo hoxe en Neda con Vicente Araguas, Miro Casabella, Ramón Loureiro, Mónica e Ana Eiroa tamén falamos, entre outras cousas, doutro que xa se nos foi tamén hai case dous anos, Ramiro Fonte.
Vicente levounos ver a ría dende o espléndido mirador do Coto de Ancos, un lugar magnífico para extasiarse mirando a parte da ría de Ferrol que sube polo río Belelle. No mundo hai poucos miradores tan escelsos coma este.

8 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Foi, como diría o clásico, meu admirado Don Perfeuto, unha conversa luminosa...!!!

E un fermoso día...!!!!

Vicente Araguas dijo...

Supoño que cousas como esta son as que nos imos levar á outra banda, que agardo, e oxalá tarde moito, moito en chegar, tan luminosa como a conversa no Hispano-Argentino, como a panorámica desde o curuto de Ancos. Podería vivir sen moitas cousas. Sen os amigos do outro día no Hispano xa teño as miñas dúbidas. Saúde a todos.

Vicente

Calusa dijo...

Teñenme falado dese miradoiro. ¿De verdade que paga tanto a pena?

Calusa dijo...

Teñenme falado dese miradoiro. ¿De verdade que paga tanto a pena?

Calusa dijo...

Teñenme falado dese miradoiro. ¿De verdade que paga tanto a pena?

Luisfoz dijo...

Vejo que desta o miradouro deixou mirar. Foi mágoa não estar convosco mas já lhe expliquei a Vicente as obrigas do dia. Boas obrigas.
Apertas

Vicente Araguas dijo...

Deixouse mirar, deixouse. Carísimo e admirado Luís Foz. Mais aínda restan anos para seguir atopándonos en Neda. (E se non, peor para nós; pero non).

Saúde

Vicente Araguas dijo...

Deixouse mirar, deixouse. Carísimo e admirado Luís Foz. Mais aínda restan anos para seguir atopándonos en Neda. (E se non, peor para nós; pero non).

Saúde