miércoles, abril 14, 2010

Viva Garzón

Manifestamente desisto de analizar pola miña conta o famosísimo caso do xuíz Garzón. En vista da avalancha de defensas que lle saíron internacionalmente ao celebrado maxistrado, non quero correr o risco de que algún descerebrado me asocie ao “proceso contra Garzón (que) empaña a imaxen de España”, como escribiu no xornal belga Le Soir Jean-Paul Martthoz.
Coido, porén, que antes de esquecerme definitavemnte do caso debo manifestar a miña sorpresa por algo que escribiu este belga no seguinte párrafo: “O xuíz Baltasar Garzón terá que sentarse no banquiño por prevaricación. Os simpatizantes de ETA aplauden, os nostálxicos do franquismo brindan con champán, os extremistas islámicos móstranse exultantes, os herdeiros do franquismo entoan o Cara al sol co brazo erguido. O proceso contra Garzón empaña a imaxe de España na escena internacional”.
Así pois e por se acaso, declárome incompetente en materia garzoniana. Non vaia ser que alguén remate descubrindo en min un simpatizante de ETA, un nostálxico do franquismo, un extremista islámico ou un cantor do Cara al sol cando se afeita. E Xosé Luís Barreiro debería facer coma min: sumarse en silencio ao coro de defensores de Garzón.

2 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu creo que quedou moi razonada a súa postura no post anterior e, ao meu xuízo, non creo que deba vostede desistir de manter esa súa opinión ao respecto. NIn moito menos, a pesar de que pola retranca xa sei que non o vai facer.
Como diría o meu amigo Quevedo a propósito de Olivares, eu tamén digo de Garzón: "yo no te lo canonizo". Pero ten vostede que recoñecer que a contundencia do xuíz Varela no seu auto contra Garzón revela formas insólitas e desmesuradas na maxistratura. E nese ámbito calquera desproporción retórica agocha, sen dúbida, sospeita de mala práctica xurídica, sobre todo fronte á intencion reparadora que conleva a acción do xuíz Garzón, coa reclamación de miles de cidadáns detrás dela. Excesiva a dureza con que se emprega Varela contra Garzón, que, vindo de onde vén, co lugar que ocupan na xerarquía xudicial, resulta ofensiva a boa parte da cidadanía.
Pero, o dito: fai vostede moi ben.

Anónimo dijo...

O cirurxian X, homes de esquerdas e moi competente no seu oficio, que non ten práctica privada, leva anos salvando vidas sen tirar o proveito económico que poderia do seu saber. Ten centos de pacientes agradecidos. Un día X comete un erro, un erro evidente, i e procesado. Debe ser xulgado ou os seus servizos anteriores e o seu esquerdismo esixen que quede a marxe da lei?.