lunes, febrero 22, 2010

Que lle pasa á Monarquía?

Algo está a pasar a respecto da monarquía española. O apupo xeneralizado a que foron sometidos este domingo os Reis e o Himno de España antes de empezar a final da Copa do Rei de Baloncesto que xogaron o Real Madrid e o Barcelona, e que gañaron os cataláns (80-61), no Bizkaia Arena de Barakaldo, non é precisamente unha boa noticia para o actual sistema de goberno español. Está aínda moi recente, ademais, outra experiencia semellante, vivida polos máximos representantes da Casa Real Española, en maio do ano pasado, cando presenciaban a final da Copa de Fútbol protagonizada polo Atletic de Bilbao e O Barça. Naquela ocasión, principalmente os siareiros vascos, tamén apouparon a interpretación do himno español en presenza dos Reis. Este contratempo real coincide agora, por outra parte, co que parece ser unha estratexia da Casa Real de intensificar a presenza pública dos Príncipes, por un lado, e o protagonismo do propio Rei, por outro.
Respecto á primeira parte desa estratexia quizais atopamos un bo exemplo na edición española da revista norteamericana Vanity Fair correspondente ao mes de marzo, que xa está á venda nos quioscos. Os príncipes Felipe e Leticia enchen a a tapa desta publicación vestidos con traxes de cerimonia e cun gran titular que reza: “Cita en Palacio. Los Príncipes más cerca que nunca. ¿Qué pregunta la infanta Leonor? Las tentaciones de Leticia. La estrategia de la sucesión”.
Precisamente a pregunta sobre o que pregunta a infanta Leonor xa ten dado algo que falar. Conta Vanity Fair que a filla dos príncipes sempre lle pregunta á súa nai a que se dedica. Segundo a revista, o diálogo transcorre así:
–Mamá, tú ¿en qué trabajas?
–Por España, hija para tratar de mejorar mi país”.
O diálogo, por moito que pareza tirado dun bocadillo propio do excelente debuxante hunmorístico López, abondo coñecido polos lectores deste blog, seguramente non é máis ca o produto dunha situación materno-filial sinxela e descomplicada, pero xa ten dado orixe a diversas interpretacións.
Sobre todo no momento en que tamén o Rei se mostrou máis disposto que nunca a traballar “por España para tratar de mejorar este país”. O Rei Xoán Carlos mesmo estivo a piques de bordear o límite das súas competencias gobernamentais facendo chamamentos e marcando obxectivos respecto á crise económica que, en principio, parecen máis propios de seren apuntados polo Goberno do Estado que pola Casa Real. Logo de todo, estamos nunha Monarquía parlamentaria e xa se sabe que o Rei reina, pero non goberna.
Algo está a pasar que non pasaba antes. Que lle asubíen ao Rei ou que algunha formación política (Izquierda Unida) lle pida que informe sobre o que gaña e en que emprega cada un dos 8,9 millóns de euros que recibe do Estado cada ano, e que gasta libremente sen rendir ningún tipo de contas, resulta unha nova maneira de ver a Monarquía española por parte da sociedade actual. Algo está empezando a cambiar vertixinosamente neste sentido.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois é moi doado saber o porqué de todas estas reaccións. Neste país non temos aquilo de cos anos desclasificar os secretos de estado.
Aquí non fai falla, o pobo xa intuie o que pasou o 23F, e cada vez sabemos máis dos seus negocios. Aínda que se calaou todo o de Colón e Carvajal e outros co de Arabia, algo estase a saber e merda cando se pon o ventilador comza a salpicar de carallo.
Outra cousa, cando unha persoa que non é divina que é humana dentro dunha democracia ten que estar suxeto a calquera poder, xudicial etc.
Non deixa de ser tamén a persoa heredeira de Franco.
Moitas persoas que naceron despois de 1975 preguntánse: ¿Quen elixiu a este Sr.?. ¿Preguntaron ao pobo se querían Monarquía ou República?.
Verdade que temos moitas preguntas que facer e non temos resposta.
Ninguén fala da Illa de Cortegada na Ría de Arousa que fora donada polo "pobo" ao Rei Alfonso XII e que o pai do actual Rei, vendeuna a Cortegada SA por moitos millóns, que non deixa de ser un roubo ao pobo e logo mercada pola Xunta cos cartos nosos. Que paradoja, nos rouban os Borbóns e para máis carallo volvemos a pagar para recuperala, pero os cartos os levaron os Borbóns. Hai que foderse.

Hildegart Canido dijo...

Pois habería que ler o que di do Rei o coronel Martínez Inglés nun dos seus libros, "Juan Carlos I el último Borbón. Las mentiras de la monarquía" (Styria Ediciones y Publicaciones, 2008).