viernes, enero 08, 2010

Caen as neves

Caen unhas folerpiñas de neve e Lugo e Santiago convértense nun caos circulatorio, sete conselleiros da Xunta non poden chegar a tempo ao traballo e xente do PSOE e do BNG teñen que suspender rodas de prensa. Que pasaría se nos tocase vivir en Noruega, en Suecia, ou nas mesmas Alemania e Inglaterra? Seguramente eramos capaces de non saír das nosas casas durante medio ano.
Entrar ou saír hoxe de Santiago, ata o mediodía, era unha aventura. Coches sen cadeas conducidos por persoas que saben tanto de manexar pola neve como de resolver teoremas difíciles, ausencia total de medios e materiais de prevención e de resolución de problemas circulatorios… Somos un país moderno e desenvolvido. Sabemos como construír cidades da cultura ou como cambiar Audi por Citröen, pero engudellámonos cando nos cae unha nevarada de nada.
Regresando a Instrumento escoitaba os camioneiros protestar pola falta de maquinaria quitaneves cando eran entrevistados polos xornalistas da Radio Galega. Choverá, nevará, volverán irse a pique barcos cargados de petróleo, pero sempre saberemos mellor organizar festas que enfrontar intemperies.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

E pense que este ano agardamos a 10millóns de visitantes/toristas/peregrinos.

arume dos piñeiros dijo...

Non hai mal que por ben non veña: librar de roldas de prensa e de traballos na xunta está ben aínda que sexa un día ao ano.

Gherreiro dijo...

Calor (e afouteza) a que desprende a columna de Villalaín en A NOSA TERRA sobre Ferrín, co gallo da súa postulación como novo presidente da RAG.

Touceda dijo...

Saben escarallar a costa, estragar as vilas e as aldeas, pero aínda non aprenderon a resolver os problemas que conleva unha pequena nevada. Que Deus nos colla confesados se arrecian os temporais. Será o sálvese quen poida.

Tucho de Canido dijo...

Canta xentiña ainda terma cos complexos de que non-valemos-pra-nada. Xa está ben, hom! Ou e que os atrancos que pasan na Grande Bretaña, na Francia ou na Alemaña desmerecen dos nosos? Xa vos vale de tanto lañar, carallo! Mesmo escoitei que no Londres -onda neva poucas veces- non se adoita atopar no mercado cadeas pra neve. Viaxade un pouco e deixadevos de tanto choromicar!

Tucho de Canido

Anónimo dijo...

Pois si que eres . E logo, Don Perfecto, quere vostede que teñamos aquí as mesmas previsións sobre a neve que en Canadá ou en Noruega? E por qué, logo, non deixou o bipartito toda a maquinaria preparada? Sabían que con eles non ía nevar?

Anónimo dijo...

O problema que temos (e teremos sempre) é que en Galicia non contamos con trens, nin de cercanías nin dos outros, e cando as nevaradas son grandes só o tren permite manter comunicacións. Dende a Transición o goberno galego (do PP) encheu Galicia de estradas, autoestradas e autovías.....pero esqueceuse do tren cunha visión totalmente anquilosada no pasado e anticuada (eles que van tan de modernos). E agora, alguén me pode explicar como vivindo na Coruña podo tomar un vó en Lavacolla para o que teño que estar ás 7,30 da mañá cando o primeiro tren sae da Coruña case ás 7 e non chega a Lavacolla senón a Santiago city?

Anónimo dijo...

Hey I'd love to thank you for such a terrific quality forum!
thought this would be a nice way to introduce myself!

Sincerely,
Laurence Todd
if you're ever bored check out my site!
[url=http://www.partyopedia.com/articles/chinese-new-year-party-supplies.html]chinese new year Party Supplies[/url].

Anónimo dijo...

En moitas cidades de España, se chovera o que chove en Santiago estarían ao borde do cataclismo. Madrid é un caos cando chove máis da conta, e en xeral da Cordilleira Cantábrica para abaixo, por non ter costume. ¿Pois cantas veces nevou así en Santiago? Lóxico que se monte a que se montou. Se nevara así durante un mes todos os anos, pois todo o mundo levaría cadeas e habería sal de sobra. Non dramaticemos.

Anónimo dijo...

¿Piove? ¡Porco Governo!

Anónimo dijo...

E como non estabamos abondo avisados de que ía nevar, montouse a que se montou.
Se en Madrid, cando caen catro gotas, hai un chocho criminal, seguro que non sabe algún o chocho que se monta en Compostela ou en Pontevedra, ou en Marín cando chove.

Eis disculpemos aos responsabeis composteláns da cousa porque deles será o Reino dos Ceos.

Anónimo dijo...

Deixadevos de caralladas Perfecto e o resto. Onde nunca neva, nunca, todo o mais chove a mares, non hai que facer contra a neve. Europa esta hoxe parada, como onte Compostela. E din que estamos acostumbrados.
Sempre buscando o culpable. A natureza non se controla. E iso non e politica.
Tapade a gorxa que viran moitas mais suradas