jueves, octubre 22, 2009

Anisia Miranda

Éncheme de tristeza recibir a nova de que faleceu Anisia Miranda. A ela e ao seu home, Xosé Neira Vilas, débolles algunhas das grandes conversas da miña vida. Anisia era unha muller enteira, coherente co seu pensamento, que che podía gustar de todo ou non o que dicía, pero que sabía sempre o que contaba. Cubana de nacemento, arxentina de circusntancia e galega de vocación, Anisia tivo moito que ver co desenvolvemento da literatura infantil e xuvenil da Cuba revolucionaria e foi sempre a sombra benevolente do gran escritor galego Neira Vilas.
Como na canción do Che, aprendemos a querela dende o sol da súa bravura e coa voz prestada de Carlos Puebla despedímola dicíndolle ¡hasta siempre, compañera!

1 comentario:

Almiral Mouchez dijo...

Se foron, Don Perfeuto, algunhas das mellores conservas da súa vida, en verdade deberon ser ben fermosas...

Súmome á súa dor.

Non é doada a perda dos amigos.