sábado, agosto 01, 2009

Algo se move en Educación


Haberá tempo de comentar outros aspectos dos resultados da falsa enquisa da lingua galega, pero de entrada xa destaca a ausencia do conselleiro de Educación no acto oficial da súa publicación aos medios. Xesús Vázquez, que andaba moi preto do lugar onde tivo lugar a rolda de prensa, foi representado polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, que polo que leo nalgún xornal ata perdeu parte do seu habitual sorriso de bonomía e mostrou algún aceno de agresividade cando lle perguntaron pola incomparencia do conselleiro.
¿Quen decidiu este protocolo? ¿O conselleiro? ¿Ordeouno o propio presidente da Xunta? ¿Ten algún significado especial? Non parece, dende logo, insignificante. Algo debe representar o feito de que o gobernante que máis empeño puxo, ata agora, en sacar adiante esta enquisa, Xesús Vázquez, non estea presente no momento de dar a coñecer e explicar os seus resultados. ¿Está Feijóo querendo virar cara a un galeguismo más significante parte da súa política educativa marcando, mesmo, algunha distancia co españolismo rancio e o integrismo de Galicia Bilingüe? Se cadra si ¿Implicaría isto consecuencias na propia estrutura da Consllería de Educación? Pois, se cadra, tamén. O que está claro é que o conflito da lingua algunha vez ha causar vítimas, directas ou colaterais. Por de pronto, aposto algo a que imos ver a Lorenzo con máis frecuencia na prensa.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A falsa enquisa, en efecto.

Colazo dijo...

Eu cando lin o día anterior que só ía comparecer Anxo Lorenzo e non o conselleiro Jesús Vázquez, que é o que ordeou a enquisa, xa pensei en que os resultados(amañados ou non) serían negativos para o galego e serían comunicados pola "cara amábel". E o outro lavándose as mans coma senón tivera nada que ver, até a hora do novo decreto, no que si nos falará dos resultados desas votacións Juan Palomo, yo me lo guiso, yo me lo como. Yo convoco, yo propongo las opciones, yo prohibo que se haga campaña, y yo sólo cuento los resultados y te los doy sin especificar centros, concellos o por colegios públicos, concertados y, o privados(onde maior participación houbo).

E lendo isto n'A Nosa Terra:

Iso si, deixou claro que tal promoción “non pasa por fórmulas de imposición e illamento”, nunha clara referencia ao discurso do PP sobre a suposta violación da liberdade nas aulas por parte do bipartito
http://www.anosaterra.org/nova/32753/os-datos-non-xustifican-cambiar-un-decreto-que-defende-a-lingua-ameazada-.html

cando el mesmo dixera isto:

10.05.2008
"é o Partido Popular quen está a separarse do vieiro lingüístico consensuado nos anos 80 por motivos de estratexia partidaria (desgastar o goberno)", "nin hai modificación do obxectivo lingüístico final (competencia nas dúas linguas oficiais), nin se está implantando a inmersión lingüística, nin se obriga a ninguén a usar unha lingua ou outra."

" A coartada ideolóxica para non facer máis chegoulles aos gobernos populares da man do bilingüismo harmónico (BH), construto ideolóxico de feble baseamento epistemolóxico que foi deseñado ad hoc para xustificar aquela política lingüística rácana. Agora ben, o BH é un construto partidista promovido exclusivamente polos gobernos fraguistas, sen que en ningún caso formase parte do “consenso lingüístico” inicial. "
http://www.anosaterra.org/nova/poltica-lingstica-e-consenso-en-galicia-.html

Pois até hoxe eu aínda vía boas intencións nesta persoa, agora pouco me falta para ver un vendido

Soutelo dijo...

Feijoo cociña a súa política cultural e lingüistica entre Génova e Ramón Villares, polo que parece novo asesor e con influencia no presidente da Xunta.

Antón Dobao dijo...

Alguén sabe, logo, por que o Consello da Cultura Galega segue calado, mudo, cando a súa única función é asesorar o goberno? Será que o está asesorando na súa política lingüística?