miércoles, abril 29, 2009

Feijóo goberna dende Madrid

Lois Blanco escribe hoxe, no seu blog Ciendiasfeijoo de La Voz de Galicia, que “a mellor forma de respecto cara os asuntos lingüísticos sería reservando os detalles das reformas para o Parlamento, en vez de facelo en cadeas estatais que, por distancia ou ideoloxía, teñen unha querencia igual a cero máis cero cara a nosa lingua propia, que non é outra máis co galego”.
O autor fai este comentario en relación co feito de que o presidente da Xunta só se veña referindo, ata agora, a algún dos seus proxectos importantes cando fala dende medios de comunicación de fóra de Galicia, a Cope e Antena 3, por exemplo, nos que falou recentemente da reforma do decreto do galego e da lei da función pública.
Eefectivamente, a Núñez Feijóo parece térselle contaxiado o cosmopolitismo militante do seu conselleiro de Cultura, e quizais abre a boca de máis cando lle acercan un micrófono de Madrid e de menos cando debería falar para a súa propia casa. Se cadra, como lle reprocha Blanco, mesmo avanza neses medios de fóra detalles que deberían ser coñecidos antes no Parlamento. Deus nos libre de que lles dea á BBC ou á CNN por vir entrevistalo. Daquela saberemos como vai gobernar vía Londres ou Atlanta.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Queda claro que Lois Blanco non é aínda Roberto Blanco valdés, o cal é bo. Pero un, que é desconfiado por natureza, pensa que o comentario é máis un laio porque as comunicacións de Feijoo non se fan desde onde terían que facerse, naturalmente La Voz de Galicia.

Ramiro Cartelle