lunes, febrero 02, 2009

Soñei que todo funcionaba

Hoxe síntome especial-
mente feliz. En toda a mañá non se foi a luz na miña casa. Retiraron por fin o poste de cemento que estaba piques de caerlle na cabeza a algún viandante ao pé da rotonda de Aldea Nova, cortaron os piñeiros podres que aínda ficaban de pé e que podían volver a provocar cortes de luz e de teléfonos. En fin, que ata me dixeron que Fernando Blanco, sancristán maior do deus Eolo, estaba a piques de empapelar a Fenosa por dezprezo manifesto aos dereitos da súa clientela. E, aínda máis, chamei ao 901404040, Centro de Atención ao Cliente de Fenosa, e aténdéronme inmediata, amábel e eficazmente. Estando nestas de morrer de satisfacción porque parecía que isto empezaba a funcionar, chamoume o alcalde de Ames, dicindo que se chamaba Carlos Fernández, era do PSOE e presidía a Fedaración Galega de Municipios e Provincias, para desculparse por cometer a parvada de apoiar a Fenosa, hai poucas semanas, opinando que o inverno era o inverno e había que estar aos apagóns que fixeran falta.
O que acabo de escribir é un absoluto soño. Que bonito é soñar ou non? A realidade é exactamente a contraria. A luz foise toda a mañá como acostuma facer varias veces ao mes. No tal Centro de Atención de Fenosa non conseguín máis que escoitar unha voz enlatada qe me dicía que “para garantizar la calidad de nuestros servicios es posible que su llamada sea grabada. Todos nuestros agentes están ocupados. Le recordamos que también puede realizar sus gestiones en nuestra página web”. Pero como vou acceder á súa web se non teño luz para encender o ordenata?
Do tal sancristán de Eolo, mellor nin falar e menos en pensar en votalo. E do ínclito alcalde de Ames, idem de lenzo. Que gran mestre seguramente perdeu o ensino e que mal alcalde nos condenou a ter a democracia. Como sigamos así, imos parecer aquela vella Ruanda. Lémbranse?

No hay comentarios: