viernes, febrero 20, 2009

Santa Campaña

Touriño a bordo da Super-
bestia
de mitin en mitin, con gasolina pagada polo contri-
buínte, e Quintana desviando o tráfico a Portugal para que os velliños vaian escoitarlle unha arenga electoral en Oia. E Feij009, superaxente de votos antoxados, asubiando cando lle preguntan por que Carrera deu postivo e a Negreira non lle fan a analítica.
Campaña. Santa Campaña a desta volta. E, por riba, non hai debate. Que ocasión vai perder a TVG de contraprogramar cunha boa película. Pero aínda ha caer na tentación de poñernos a Piñeiro. A Ramón non. O outro.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

O debate a tres coido que era trampulleiro: dous contra un, e iso non se aceptaba nin nas leas do patio da escola. A min o que mais me interesaría sería un debate entre Touriño e Quintana...este si que sería un debate interesante..

Anónimo dijo...

Certamente o debate a tres non era posible. O debate do que fala o an�nimo ser�a sen d�bida o mais interesante, pero democr�ticamente s� ser�a posible plantexando tres debates dous a dous. Se fose certo que os tres queren debate (eu o dubido) ningunho deles poderia rexeitar a f�rmula sin mentirlle � electorado, unha cosa que, por outra parte, fan os tres todolos d�as.

Unknown dijo...

Iso de que non era posible, ou de que era trampulleiro, mentira. Pasa que non estamos afeitos a que se deixe participar á xente na política -atrapados nesta partitocracia dos grupos máis grandes-. A nós gustaríanos ver un debate a 19. E non me veñan con que non é posible: se 100 persoas poden preguntarlle a un nun programa, 19 ben poden falar entre eles. Todos son candidatos, todos deberían ter as mesmas oportunidades. Pero os medios públicos están na man duns poucos. E sempre son os mesmos: os que gobernan.

Anónimo dijo...

Dous contra un !
Que grande oportunidade para demostrar que se é un político de talla, capaz en todas as circunstancias!
Que ocasión para cambiar o sentido do voto de moitos televidentes!
Ou é que se prefire perder "con dignidade" sen nen sequer dar a batalla?
A política galega estase a convertir en algo moi pedestre (a pesar dos Audi) ....