miércoles, febrero 04, 2009

O parado que tivo sorte

Debo estar indo a piques de volverme un sentimental porque confeso que me emociona o caso do empresario coruñés que, despois de ler en La Voz de Galicia o canutas que as estaban pasando dous parados, escribíu ao xornal para anunciar que estaba disposto a contratalos.
Segundo conta Jorge Casanova, Carlos Espiñeira saía dunha oficina do paro da Coruña cargado de papeis e de desesperanza cando accedeu a contarlle ao xornalista os seus problemas que apareceron reflectidos no citado xornal nunha reportaxe sobre o drama do desemprego. Benilde Barros, propietario dunha empresa de engrases, despois de ler a reportaxe, mandou a La Voz de Galicia a seguinte mensaxe: “Viendo su reportaje de las personas que se encuentran en tan lamentable estado y penosa situación, le informo que esas dos personas pueden pasar por mi empresa para facilitarles trabajo”.
Carlos Espiñeira, unha desas dúas persoas, acodeu rapidamente á cita e saíu dela contratado por tres meses, con quince días de proba, e a promesa patronal de que vai ter choio ata que se xubile se responde ás espectativas. De entrada, xa ten un traballo de oito horas diarias, comida, roupa do oficio e lavandaría e un salario bruto de 1.349 euros. Terá, ademais, ocasión de viaxar pois a súa nova empresa cumpre encargos por toda Galicia.
Espiñeira traballou antes na construcción, pero o seu novo empregador está disposto a sufragar a súa aprendizaxe para que se converta nun bo engrasador de todo tipo de máquinas. Pola súa parte, o patrón aproveitou para mandarlle un recado a Zapatero: que non lle dea tanto diñeiro ás grandes empresas e que mire máis polas pequenas, que son as que moven o país.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Bonita Hª

Anónimo dijo...

Tamén a min me emocionou...