viernes, febrero 13, 2009

Garzón, o amigo dos animais

Parece Napoleón percorrendo o campo de batalla despois de zurrarlle ao inimigo, pero é o xuíz Baltasar Garzón fotografiado o sábado pasado na finca Navaltorno, do empresario Santiago Peralta, en Andújar (Jaén). Acaba de aparecer na edición electrónica de El Mundo, xornal que tamén informa de que nesta montería participaron nove cazadores e todos, menos un, mataron algún animal. En total, 34 venados e un xabarín de gran tamaño. Garzón e o ministro de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo, remataron a vida de catro venados cada un. Desta, os ecoloxistas e, en xeral, as asociacións protectoras da vida animal vanlles dar un premio a cada un destes dus campións da escopeta nacional.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

mecajoendiola. pero isto que carallo é?.. Só faltaba os gaiteiros de Fraga, as castañuelas e as panderetas. España cañí.
¿ Sábese algo se antes emborracharon aos venados ?. Diso saben moito os borbónicos, lle pedirían consello.
Non teñen nin puta vergoña. Que ben viven estes muchachos e aos catro millóns de parados que lle den....
Lástima non se lle atragantaran os venados no xantar e o Vega Sicilia non se lle convertira en vinagre.
Este é o país que temos,papeleta cada catro anos e logo non penses, xa que iso é moi malo para a saúde, para pensar só están eles.
Que se vaian todos para o carallo.
Non vou votar nin por un balón.

Anónimo dijo...

Creo que o alcalde de Las Palmas, ex mnistro socialista, pediu que dimita o ministro de Xustiza por esta vergonza.

Anónimo dijo...

Pero, ¿de qué se estrañan vostedes, meus amigos? O poder é o poder, quer de esquerdas, quer de dereitas (por certo: hai un premio dun viaxe a Canarias para o que sexa quen de distinguir ás unhas das outras).
O poder necesita manifestarse con toda a súa pompa e circunstancia. Velaí a razón de que o señor Touriño se aseñoree moito máis do que lle habería corresponder á súa mediocridade persoal coa compra de coches blindados, obras de trinta estralos no seu despacho e mesmo esa cara de vostede-non-sabe-con-quén-está-falando que se lle pon cando vai escoltado por un par de tipos con gafas negras.
Ai, a perda da inocencia. Esto de andar de montería a matar bichos con cornos era exclusiva das xentes de dereitas exudantes de testosterona, segundo nos contaban os ecoloxistas de plantilla. Mágoa que os amentados ecoloxistas estean calados coma putas -con perdón das putas, pola comparanza- agora que o ministro de Xustiza e un xuiz ex deputado do PSOE e do que faga falta andan pegando tiros por esas serranías do terceiro mundo andaluz.
Que sexan ou non sinvergüenzas (así, en español) é o de menos. O peor é a falta de estética. Se cadra, deberían aprender estes cabritos (con perdón dos cabritos)que cando un anda falto de decencia, debería conservar canda menos os modais. Manners before morals, decía moi atinadamente Wilde. Pero que lle vas pedir a estes españois famosos ala onde vaian pola súa natural brutalidade. Spanish Inquisition.

Anónimo dijo...

Por certo, e xa que estamos neso: independencia.

Anónimo dijo...

Teñen toda a razón: dá noxo. Pero permítome recordarlles que polos montes de Galicia estas esceas son tamén moi comúns (corría o ano pasado un video moi ilustrativo dun tipo que ameazaba a un atrevidísimo case suicida reporteiro). España cañí si, pero Galicia cañí tamén.

Anónimo dijo...

Finca Cabeza Prieta