viernes, diciembre 05, 2008

Voces Ceibes






As voces de Galicia volveron a ceibárense na aula magna da Facultade de Medicina de Santiago. Corenta nos despois despois daquel festival inaugural de Voces Ceibes, que rematou cos corpos dos asistentes mallados pola Policía franquista, Benedito, Miro Casabella, Vicente Araguas, Xavier del Valle, Bibiano, Chuspe, Alfredo Conde e varios centos máis de nostálxicos do 68 celebramos aquel histórico acontecemento que precipitou o movemento máis comprometido da canción galega.
Xavier del Valle volveu a cantar en público. E fíxoo con tal forza e sensibilidade que nos deu que pensar a moitos na mágoa que foi que este intérprete non seguira no seu día unha traxectoria máis centrada na canción galega. Miro Casabella, que dicir de Casabella? Pois que segue a ser o único de todos que aínda canta como se fose Leo Ferré. Vicente Araguas, sempre na súa militancia poética e algo descreída. Bibiano, un rockeiro dos que nunca morren. Ata o académico Guillermo Rojo ou o profesoral Manuel Pombo parecían onte dous flósofos existencialistas dun Saint Germain des Prés xerminado en Compostela. E que estupenda resultou a declaración que enviou Xerardo Moscoso dende México. Por fin, alguén falou en republicano, que ata parece que agora todos somos monárquicos e vivimos no mellor dos mundos.
Faltaron á cita o rector, o presidente da Xunta e Vicente Araguas, presidente de Asturias, pero o último mandou ler un comunicado cheo de agarimo e conciencia política. En fin, que revivimos aqueles tempos nos quixemos botar abaixo a dentadura e remataton enterrándonos con case todos os molares.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Touriño e Areces si que venceron!

RIODERRADEIRO dijo...

APO/lo DON im/PERFECTO.

__________________________

A palabra republicana do Xerardo Moscoso precisaba -penso eu- un bocadiño máis de espacio no comentario adicado ás VOCES CEIBES. Algúns desaxamos saber cousas concretas das súas andaduras
por México.

sandra barboni dijo...

Eu tamén estiven onte en Medicina, e moito me prestou ver tanta xente guapeteira como alí estaba. Con esa beleza estoica que os anos outorgan. Así a de Branca Caamaño, Aurichu Pereira ou a de Don Perfecto Conde, pucha de "chanteur". Quen atribúe ao Araguas, tan militante poético como republicano, seino ben, a presidencia do Principado de Asturias. Moito me parece. O Araguas, díxomo, sentiu non cantar. Mais é que non deu ensaiado, por retraso do avión que o traía, co guitarrista Miguel as cancións que acordaran: "O camaleón" e "A Léo Ferre,conpañeiro". Resérvase "para as enghivias" e tamén para a gala televisiva do 18 de febreiro, con Voces Ceibes recuncando. Por certo, un bico grande para o Benedicto, loitador bravo contra dunha doenza durísima (pero superable) de tradición folkie. Sufríaa o gran Woody Guhtrie.

Anónimo dijo...

Unha aperta para todos.