jueves, julio 26, 2007

Quen quere traer kale borroka a Santiago?


A noite dos fogos do Apóstolo ceei cun nutrido grupo de amigos no novo restaurante que abríu Agustín, o do 42, na rúa do Medio. Excelente lugar, por certo, e magnífico mirador sobre unha das partes máis fermosas da cidade.
Cando me dirixín a este restaurante pasaba das dez da noite e estaban os rapaces da AMI e doutras tendencias independentistas na praziña que está á beira do comenzo da rúa de San Pedro. Escoitaban o rock duro que interpretaba un grupiño de músicos subidos á plataforma dunha furgoneta, e non había no sitio máis síntomas de incivilidade que os ouriños vertidos nun dos accesos á rúa do Home, que me obrigaron a apretar o nariz coa man para non resultar asfixiado polo amoníaco que emanaban as pedras.
Pasámolo ben, vimos como quen di as costas dos fogos apostólicos e, cando voltabamos de cear, camiño das Praterías, para continuar a noite máis celebrada de Compostela, os independentistas despareceran da praciña. Alguén nos informou de que a Policía Nacional acababa de mallar neles a paus. A un amigo alguén lle contou que lle escoitou a un uniformado contar a fazaña con estas palabras: "Démoslles no lombo todo o que quixemos. Deixámolos quentes para unha temporada".
Logo empezaron a chegarme informacións de que, unha vez maís e arredor das festas do Apóstolo e da celebración do Día da Patria, as forzas de seguridade do Estado mostráronse excesivamente contundentes no manexo da porra e da punta da bota. A fotografía que reproduzo aquí, tomada dunha web próxima aos afectados, resulta abondo elocuente. Líbreme Deus de comulgar coas rodas de muíño coas que pretenden moer o millo galego a maior parte destes independentistas, pero non podo menos que poñerme á mesma distancia dos que moeron os seus corpos mozos coas porras e coas punteiras das botas. Por este camiño o que se fai é sementar kale borroka.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Podías colgar tamén a foto do policía que foi pintado de rosa por eses independestistas do carallo. Quen empezou eles ou a Policía? A kale borroka non a monta a Policía. Xa se sabe quen a pratica.

Anónimo dijo...

Que eu saiba a pintura rosa non fai o mesmo dano que a porra ou a bota...no si????
A maioria das liortas que vemos dia a dia podian evitarse.... si uns non tiveran tanto amor a litrona e outros non amaran tanto a porra....

anxo sanchez dijo...

Non non demócrata, desta vez seica era a policia quen quería que pasase algo... pois a candidade de maderos que había convertiron a compostela nunca cidade policial

Por outra parte, eu tamén teño esa foto no meu blogue e realmente é espectacular a dureza destos asasinos, xq iso é o que son.

Parabéns polo blogue!!