lunes, mayo 14, 2007

Duros como o asfalto

Copio o que deixou un comunicante na web www.confidencial.com:

Comezaron as municipais e, con elas, o teatro da política galega. No Concello de Ames, por exemplo, os responsábeis de Obras e de Medio Ambiente mostráronse o venres (11 de maio de 2007) descoñecedores do que está a facer a unión temporal de empresas que constrúe o tramo da autoestrada AG-56 que vai de Santiago a Brión.
¿E que se está a facer? Pois, nin máis nin menos, que construír unha planta de tratamento de asfaltos e cementos a menos de douscentos metros das primeiras casas de Bertamiráns, a menos de 1.000 da urbanización Aldea Nova e a menos de 1.500 das aldeas d’A Barreira, Lapido e O Instrumento.
Está planta é a que foi rechazada polos veciños de As Lamas, Pardiñas, Costoia, Biduído e Quintiláns que chegaron a manifestarse por este motivo o día que o presidente da Xunta visitou as obras da autoestrada e que mesmo presentaron unha denuncia por suposto delicto medioambiental e solicitaron a paralizacións das obras.
A resultas desta protesta e denuncia xudicial ¿que se lles ocorre aos responsbábeis da actual administración autonómica e local de Ames? Pois trasladar esta planta –que acae xustamente dentro das actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que regula a lexislación vixente– dun lugar escasamente poboado ao epicentro de varios núcleos intensamente habitados nos que viven milleiros de persoas.
Isto non é o de asar a manteiga, pero móstrase algo parecido. O que non val para un conxunto de casas espalladas arredor de Pardiñas parece que serve para que contamine Bertamiráns, Aldea Nova e tres ou catro aldeas da contorna. Se cadra todo ocorre deste xeito porque n’As Lamas vive Francisco Gallego, ex director xeral de Industria da Xunta de Galicia dos tempos nos que mandaba Fraga, que foi o artífice da protesta veciñal que deu lugar ao traslado da planta de asfalto ata poñela a máis de 2.000 metros da súa casa.
Os afectados pola nova situación xa saben o que lles queda. Ser antes altos cargos da Xunta para conseguiren que volva ser trasladada algún kilómetros más adiante en dirección a Urdilde.
Cousas veredes, diría Sancho se vivira estas eleccións municipais galegas. ¿Serán o alcalde de Ames ou algunha outra autoridade sentados algunha vez no banquiño da Xustiza por suposto delicto cometido contra o medioambiente? ¿Fará algo o espelido actual conselleiro de Medio Ambiente da Xunta? ¿Ocuparanse disto Adega e outros supostos ecoloxistas? É cuestión de sentarse a esperar.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Os concelleiros que menciona o comentarista teñen nomes e apelidos. A de Medio Ambiente é Mercedes Vidal Baamonde e pertence ao BNG. O de Obras chámase Xesús Carrera Vázquez e é do PSOE. Polo que se ve, son igualiños cos que había antes, os do PP, que tampouco sabían nunca nada nin contestaban a nada. Non hai como sentar o cú na poltrona para volverse parvos.